• Xunta
  • Plan Camgal

    Comprometidos co
    noso mar

    O Plan Territorial de Continxencias por Contaminación Mariña Accidental constitúe o instrumento da Xunta de Galicia para facer fronte aos sucesos accidentais de contaminación mariña que afecten ás nosas costas

O Plan Territorial de Continxencias por Contaminación Mariña Accidental de Galicia (Plan Camgal) constitúe o instrumento mediante o que a Xunta de Galicia determina o protocolo de actuación dos distintos departamentos da Comunidade Autónoma que teñen competencia directa nas actuacións do mesmo, así como a actuación ou participación que a outras administracións lles corresponde neste tipo de sucesos. O Plan Camgal intégrase ademais na resposta establecida pola Administración Estatal segundo se recolle no Sistema Nacional de Resposta.

As numerosas actividades antropoxénicas asociadas ao litoral de Galicia xunto cun intenso tráfico marítimo nas súas costas, supoñen un risco potencial de contaminación das zonas costeiras, polo que o obxectivo fundamental do Plan Camgal é obter a máxima protección para as persoas, medio ambiente e os bens que resulten ou poidan resultar afectados en calquera continxencia derivada dun episodio de contaminación mariña accidental.

"O obxectivo do Plan Camgal é obter a máxima protección para as persoas, medio ambiente e os bens afectados por un episodio de contaminación mariña accidental"

O Plan Camgal estrutúrase en oito capítulos que recollen a organización da resposta na Comunidade máis numerosos anexos que complementan a información dos diferentes aspectos contemplados polo Plan.

Anexos

  • Textos legais
  • Análise de risco
  • Imaxe común operativa
  • Mapas
  • Informes
  • Procedementos de actuación
  • Plan Illas Atlánticas
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Xunta de Galicia.
Suxestións e queixas | Atendémolo/a | Aviso legal | RSS
Galicia