O Plan Camgal conta para isto cun XeoPortal que integra información xeográfica de distinta natureza, fontes e escalas, e datos tanto espaciais como non espaciais, que poden ser de utilidade durante a planificación e na xestión dunha continxencia.
O Plan Camgal fai unha xestión integral áxil de toda a información, a través dunha Imaxe Común Operativa (ICO). Unha ICO consiste nunha plataforma computacional baseada en tecnoloxías de Sistemas de Información Xeográfica (SIX) que proporciona un único punto de información para a descrición da situación, a coordinación, comunicación e arquivo dos datos que apoien a xestión da emerxencia, así como ao persoal de resposta e outros actores involucrados ou afectados polo incidente.
Acceso ao Visor do Plan Camgal
O visor Illas Atlánticas é un visor específico que amosa información de utilidade para apoiar ao Plan de Continxencias do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, elaborado co obxecto de establecer a estrutura organizativa e as medidas de actuación para unha adecuada resposta ante situacións de emerxencia derivadas dunha contaminación mariña accidental, que garanta a protección tanto dos valores naturais como dos socioeconómicos presentes neste singular espazo.
A ICO do Plan Camgal está constituída por catro elementos: